nacemento

nacemento

(< nacer)

  1. s m
    1. [FISIOL/DER]

      Acción de nacer, de saír da matriz o feto viable. A lei considérao como o comezo da personalidade xurídica das persoas físicas e hai lexislacións que esixen que o nacido siga viable, cunha aptitude normal para vivir. O dereito civil español esixe o desprendemento total dun feto vivo, que o nacido teña figura humana e que viva polo menos 24 horas totalmente separado da nai.

      Sinónimos: nacenza.
    2. Condición dunha persoa segundo o lugar onde naceu ou a categoría social dos seus pais.

      Ex: É de nobre nacemento.

      Sinónimos: nacenza.
  2. s m
    1. Orixe ou principio dalgunha cousa.

      Ex: O nacemento dunha civilización.

    2. [XEOL]

      Lugar onde xorde un curso natural de auga.

    3. [MED]

      Punto de orixe dunha arteria, dun nervio ou dun tumor.

  3. s m [ARTE/RELIX]

    Representación do nacemento de Xesús Cristo no portal de Belén que adoita facerse nas igrexas e nas casas, durante o Nadal, reproducíndoo escenicamente. Deu orixe ás representacións litúrxicas da noite de Nadal e á primeira escenificación que fixo san Francisco de Asís en Greccio (1223). Constitúe unha manifestación popular artística moi arraigada e que foi moi popular xa a finais do s XV.

    Sinónimos: belén, presebe.
  4. s m [XEOG] Sinónimos: leste, oriente.
    1. Orixe ou principio dalgunha cousa.

      Ex: O nacemento dunha civilización.

    2. [XEOL]

      Lugar onde xorde un curso natural de auga.

    3. [MED]

      Punto de orixe dunha arteria, dun nervio ou dun tumor.

  5. s m

    Punto do horizonte por onde nace o Sol.

  6. estado nacente [QUÍM]

    Lugar onde ten orixe algunha cousa.

  7. Estado de certos elementos químicos, como o hidróxeno, que se caracterizan por ser máis activos nas reaccións químicas en forma libre que no seu estado ordinario ou molecular.

Frases feitas

  • De nacemento. Desde o nacemento. Ex: É cego de nacemento.

Refráns

  • Cada criatura nace coa súa ventura ou desventura.
  • En bo día naceu o que honra non coñeceu.
  • O que nace para ichavo nunca chega a carto.

Palabras veciñas

nacedoiro | naceiro | naceiroda | nacemento | nacemento | nacente | nacenza