nacente

nacente

(< lat nascente)

  1. adx

    Que nace ou que comeza a desenvolverse.

  2. adx [HERÁLD]

    Aplícase á figura animal que se representa coa cabeza, pescozo e patas saíndo por riba dunha peza do escudo.

  3. s m [XEOG]

    Punto do horizonte por onde nace o Sol.

    Sinónimos: leste, oriente.
  4. s m
    1. Lugar onde ten orixe algunha cousa.

    2. Lugar onde nace auga.

  5. estado nacente [QUÍM]

    Estado de certos elementos químicos, como o hidróxeno, que se caracterizan por ser máis activos nas reaccións químicas en forma libre que no seu estado ordinario ou molecular.

Palabras veciñas

naceiroda | nacemento | nacemento | nacente | nacenza | nacer | Nache, María Luísa