nacemento
(< nacer)
-
s
m
-
[FISIOL/DER]
Acción de nacer, de saír da matriz o feto viable. A lei considérao como o comezo da personalidade xurídica das persoas físicas e hai lexislacións que esixen que o nacido siga viable, cunha aptitude normal para vivir. O dereito civil español esixe o desprendemento total dun feto vivo, que o nacido teña figura humana e que viva polo menos 24 horas totalmente separado da nai.
Sinónimos: nacenza. -
Condición dunha persoa segundo o lugar onde naceu ou a categoría social dos seus pais.
Ex: É de nobre nacemento.
Sinónimos: nacenza.
-
[FISIOL/DER]
-
s
m
-
Orixe ou principio dalgunha cousa.
Ex: O nacemento dunha civilización.
-
[XEOL]
Lugar onde xorde un curso natural de auga.
-
[MED]
Punto de orixe dunha arteria, dun nervio ou dun tumor.
-
-
s
m
[ARTE/RELIX]
Representación do nacemento de Xesús Cristo no portal de Belén que adoita facerse nas igrexas e nas casas, durante o Nadal, reproducíndoo escenicamente. Deu orixe ás representacións litúrxicas da noite de Nadal e á primeira escenificación que fixo san Francisco de Asís en Greccio (1223). Constitúe unha manifestación popular artística moi arraigada e que foi moi popular xa a finais do s XV.
Sinónimos: belén, presebe.
Frases feitas
-
De nacemento. Desde o nacemento. Ex: É cego de nacemento.