napolitano -na

napolitano -na

(< topónimo Nápoles)

  1. adx

    Relativo ou pertencente a Nápoles ou aos seus habitantes.

  2. s

    Natural ou habitante de Nápoles.

  3. escola napolitana
    1. [ARTE]

      Escola artística xurdida en Nápoles baixo o dominio da Coroa de Castela. O s XVII foi o de máis esplendor, e destacaron os arquitectos Domenico Fontana e C. Fanzano. En pintura foi decisivo o papel de Caravaggio, en 1607, quen influíu en G. Battista Caracciolo, J. Ribera, G. Battista Ruippolo e G. Recco, e os bamboccianti. A estancia de Artemisia Gentileschi reforzou a tendencia ao caravaggismo melodramático de M. Stanzione, A. Vaccaro e B. Cavallino; e Mattia Preti introduciu a técnica e o gusto decorativo de Veronese. O pintor máis destacado foi Luca Giordano. No s XIX dominou o paisaxismo de Posillipo, con Antonio Pitloo e Giancinto Gigante; e Filippo Palizzi formou a Domenico Morelli, de quen foi seguidor Gioacchino Toma. Co virtuosismo de Edoardo Dalbono e Francesco Paolo Michetti manifestouse a influencia de Fortuny.

    2. [MÚS]

      Grupo de compositores do s XVIII nacidos ou activos no reino de Nápoles, case dedicados exclusivamente á ópera e á oratoria, e caracterizados polo feito de crear un estilo que acabou sendo xeral na ópera italiana daquel século. Considéranse iniciadores a F. Provenzale e A. Scarlatti, quen introduciu diversas convencións que configuraron a ópera seria. Unha segunda corrente dentro da escola napolitana é a ópera bufa, nacida do intermezzo. Destacaron especialmente despois de A. Scarlatti, N. Porpora, G. B. Pergolesi, N. Jommelli, N. Picini, G. Paisiello e D. Cimarosa.