nazareno -na

nazareno -na

(< topónimo Nazaret)

    1. adx

      Relativo ou pertencente a Nazaret ou aos seus habitantes.

    2. s

      Natural ou habitante de Nazaret.

  1. s m [RELIX]

    Nome co que tamén se coñece a Xesús de Nazaret. Nas imaxes represéntase con túnica morada e a coroa de espiñas.

  2. [RELIX]
    1. adx e s

      Que ou quen entre os hebreos, se consagraba a Iavé mediante un voto, temporal ou para toda a vida. Comprometíase a non tomar bebidas fermentadas, a non cortar o cabelo e a absterse das comidas impuras.

    2. s

      Penitente que vai nas procesións de Semana Santa vestido cunha túnica morada e un carapucho.

  3. [ARTE]
    1. adx

      Relativo ou pertencente á escola nazarena.

    2. s

      Seguidor da escola nazarena.

    3. escola nazarena

      Escola de pintura romántica de orixe xermánica que se formou en Roma no segundo decenio do s XIX. Os seus membros aspiraban a conciliar o neoclasicismo paganizante cun renovado espírito cristián e buscaban a espiritualidade máis pura nos temas históricos. Os fundadores foron chamados nazarenos por instalarse nun convento abandonado e polo seu aspecto descoidado e con longas cabeleiras. Dos seus membros destacaron J. F. Overbeck, P. von Cornelius, Schnorr von Carolsfeld, A. Rethel e M. von Schwind. OBS: Tamén se denomina nazarenismo.

Palabras veciñas

Naza, A | Nazaré | nazarenismo | nazareno -na | Nazaret | Nazario | Nazário de Lima, Ronaldo