Nernst, efecto
Nernst, efecto
[FÍS]
Forza electromotriz creada nun medio cando un fluxo calorífico atravesa perpendicularmente as liñas de forza dun campo magnético. Esta forza, denominada tamén termoelectromotriz, ten unha dirección perpendicular ao plano formado polo fluxo calorífico e o campo magnético.