Nernst, lámpada de

Nernst, lámpada de
[TECNOL]

Lámpada de incandescencia cun filamento feito de óxidos metálicos (de magnesio ou de terras raras), que produce unha luz moi estable con abundancia de radiacións infravermellas. Emprégase como patrón e en aparatos ópticos de laboratorio.