neutral

neutral

(< lat neutrāle)

  1. adx

    Que non toma parte entre dúas partes en litixio ou entre dúas opinións opostas.

    Ex: Sempre mantivo unha actitude neutral nos conflitos familiares.

    Sinónimos: imparcial.
  2. adx [DER]

    Aplícase ao territorio, que pode ser un estado soberano ou parte dun estado, que renunciou, voluntariamente ou por tratado a ser escenario de hostilidades. Algunhas neutralidades foron respectadas dunha maneira total (a Cidade do Vaticano) ou parcial (Andorra), ou non foron respectados, como foi o caso de Bélxica.

Palabras veciñas

neuston | Neustria | Neutra, Richard | neutral | neutralidade | neutralismo | neutralista