neutralidade
(< neutral)
-
s
f
Calidade ou actitude de neutral.
Sinónimos: imparcialidade. -
s
f
[DER]
Situación xurídica dun estado que, en caso de guerra entre outros dous estados, non toma parte nin fai acto de asistencia ou de hostilidade entre os belixerantes, e, en situación de paz, non toma parte de pactos militares.
-
s
f
[BIOL]
Teoría da evolución non darwinista que, aínda que admite que as características adaptativas dos organismos, cos seus órganos, funcións e comportamentos, son o resultado da selección natural que actúa sobre as modificacións do ADN, considera que unha gran parte destas modificacións son debidas ao azar, e que a maior parte das variantes xenéticas non son sometidas ao proceso de selección natural. Segundo esta teoría, as mutacións recentes son prexudiciais, e a selección natural elimínaas. Polo que respecta aos mutantes equivalentes, a neutralidade mantén que non existen en moitos locus diferentes e que a selección natural non modifica a frecuencia das mutacións neutras.