new age*

new age*
  1. s f [MÚS]

    Estilo musical de tipo basicamente instrumental que apareceu en EE UU na metade da década de 1980. O termo foi creado pola revista Billboard para definir un tipo de música que se facía nesta época. Caracterízase pola creación dunha atmosfera de introversión e pracer a través das melodías pausadas e da sinxeleza da música. Algúns dos intérpretes máis destacados son Ravi Shankar, P. Winter, Art of Noise, Nightnoise e Enya.

  2. s f [RELIX]

    Conxunto de movementos espirituais e relixiosos que xurdiron na década de 1970 en Europa entre persoas de clase media e alta que, ante a crise de supervivencia que ameazaba a humanidade, practicaron e espallaron unha nova consciencia sobre Deus, o home e o mundo. Presente en ámbitos como a música, o cine, as terapias ou o retiro espiritual, estendeuse especialmente en EE UU e nas grandes cidades alemás por medio de grupos antroposóficos e teosóficos. Os teóricos máis coñecidos do movemento son Fritjof Capra e Marilyn Ferguson.

Palabras veciñas

nevocarcinoma | Nevosa | Nevşehir | new age* | New Amsterdam | New Bauhaus | New Brunswick