New Bauhaus
New Bauhaus
Escola de deseño fundada e dirixida por L. Moholy-Nagy en Chicago en 1937, baixo o patrocinio da Association of Art and Industries of Chicago. Por dificultades económicas só durou un curso, de xeito que Moholy-Nagy fundou a School of Design (1938), que posteriormente se converteu no Institute of Design (1944). Representou a sucesión lexítima da Bauhaus alemá, da que ampliou a base humanística por influencia do filósofo John Dewey.