New Deal

New Deal

Programa de reformas económicas emprendido por Franklin D. Roosevelt en 1933 para reactivar a economía tras a crise de 1929. Coa National Industry Recovery Act reduciuse a xornada laboral e estableceuse a seguridade social. En 1936 a lei foi declarada inconstitucional. Para a agricultura aprobouse a Agricultural Adjustment Act. Ademais, promovéronse as obras públicas e buscouse o aumento do poder adquisitivo da poboación. Non obstante, a crise superouse co desenvolvemento da industria bélica ao comezo da Segunda Guerra Mundial.