New Criticism
New Criticism
Conxunto de teorías sobre crítica literaria que xurdiron en EE UU despois da Primeira Guerra Mundial. Consideraban que a análise da obra literaria debía ser interpretada á marxe do contexto histórico, social ou biográfico, ao partir da idea de que a linguaxe poética é un discurso con características propias. O ideólogo e fundador foi T. S. Eliot e dos seus representantes destacaron W. Empson, A. Tate e J. Crowe Ransom, quen, coa súa obra The New Cristicism (1924), deu nome ao movemento.