Nicodemo

Nicodemo
[ONOM]

Antropónimo masculino que procede do nome persoal grego Nikódemos, latinizado en Nicodemus ‘vencedor entre o pobo’, do verbo nikao ‘vencer’ e démos ‘pobo’. Posteriormente, a etimoloxía popular creu ver neste nome o significado de ‘nugallán’, ‘parvo’, ‘necio’, ao se pensar, erroneamente, que procedía da palabra latina nescius ‘necio’. A súa festividade celébrase o 3 de agosto.