Nouvelle Vague

Nouvelle Vague
[IMAX]

Movemento cinematográfico francés que naceu en 1958 como reacción ao cine dese momento, eminentemente literario. Ao principio foi só unha actitude crítica, manifestada mediante a revista Cahiers du Cinéma, pero rapidamente se consolidou, tal e como se manifestou en 1959 en Cannes cando Marcel Camus obtivo o premio á mellor película por Orfeu Negro e François Truffaut recibiu o de mellor realizador por Les quatrecents coups. Os realizadores desta corrente crearon un cine de autor provocativo, caracterizado polo simbolismo e a abstracción, cun naturalismo expresivo máis afastado da comercialidade e que procuraba a rodaxe en espazos exteriores. Impulsaron este movemento o crítico cinematográfico André Bazin e os realizadores Louis Malle, François Truffaut, Jean-Luc Godard, Alain Resnais, Claude Chabrol, Eric Rohmer, Jean Pierre Melville, Alexandre Astruc, Jacques Démy, Agnès Varda ou Pierre Kast. A finais da década de 1960, o movemento disgregouse por mor da súa falta de cohesión ideolóxica e estética.

Palabras veciñas

Nouveau, Germain | Nouvel Observateur, Le | Nouvel, Jean | Nouvelle Vague | 1 nova | 2 nova | Nova Actualidade