Nova Economía Clásica

Nova Economía Clásica

Escola de pensamento económico que se desenvolveu a raíz da obra de Robert Emerson Lucas. Dentro do marco da análise macroeconómica obsérvase a formación de expectativas racionais no proceso de toma de decisións dos individuos, que usan toda a información dispoñible de maneira axeitada. Así, os axentes do sector privado da economía coñecen as regras que rexen o comportamento das autoridades económicas, e actúan en consecuencia.

Palabras veciñas

Nova Caledonia | nova cançó | Nova Delhi | Nova Economía Clásica | Nova Escocia | Nova Escola Galega | Nova Europa