Noyon, Tratado de
Noyon, Tratado de
Acordo asinado en Noyon entre o futuro Emperador Carlos V e Francisco I de Francia o 13 de agosto de 1516. Nel concertouse o matrimonio entre Carlos V e unha filla do rei francés á que pasaron os dereitos franceses do Reino de Nápoles. O acordo quedou invalidado a raíz da elección imperial de Carlos V.