nupcialidade

nupcialidade

(< nupcial)

s f [DEMOG]

Número proporcional de matrimonios contraídos nun tempo e nun lugar determinado. Para coñecer a súa frecuencia, úsase a taxa bruta de nupcialidade, e para que o índice sexa preciso, considéranse as irregularidades na distribución por idades a causa da baixa da taxa de nacementos (guerras, epidemias) e as diversas formas de unión conxugal (monogamia, poligamia, unión libre).

Palabras veciñas

Nuoro | Nuovo Cinema Paradiso | nupcial | nupcialidade | nupcias | nupe | Nuphar