nupe

nupe
  1. adx

    Relativo ou pertencente ao pobo nupe ou á súa lingua.

  2. s [ETN]

    Individuo do pobo nupe.

  3. s m pl [ETN]

    Pobo islamizado do centro de Nixeria, situado entre o río Níxer e Kaduna. A sociedade, de tipo feudal, estaba moi xerarquizada e dividíase segundo especialistas artesanais, formando tres clases sociais, nobres, plebeos e escravos. Na súa maioría son musulmáns, aínda que seguen prácticas pagás.

  4. s m [LING]

    Lingua kwa do phylum níxer-congo que fala o pobo nupe.