Nuphar

Nuphar
[PLANTA]

Xénero de plantas herbáceas, da familia das ninfeáceas, que presentan o rizoma de gran tamaño, follas alternas flotantes e flores solitarias, co pedúnculo longo de cor amarela ou púrpurea. A este xénero pertence a ara amarela, coñecida comunmente como nenúfar.