Obelisco Millenium
Obelisco Millenium
Construción situada no paseo marítimo da Coruña, nun extremo da enseada do Orzán. Consta dun armazón de aceiro que sostén un mosaico deseñado por Gerardo Porto, de 174 pezas de vidro fundido en Países Baixos que representa unha homenaxe a distintos episodios e personaxes da historia da cidade, como María Pita fronte a Francis Drake, a Batalla de Elviña ou os reis Afonso IX, Carlos I e Carlos III. Ten un sistema de iluminación interior. A súa altura de 50 m, convérteo no monolito de cristal máis alto do mundo. Inaugurouse as 0:00 horas do 1 de xaneiro de 2001 coincidindo co inicio do novo milenio.