Obélix

Obélix

Personaxe da banda deseñada francesa á que dá título Astérix, creada por R. Goscinny e A. Uderzo. Amigo inseparable do protagonista, caracterízase pola súa forza, xa que caeu dentro da marmita da poción máxica cando era pequeno, transporta menhires, come xabaril e adoita dicir a frase “están tolos estes romanos”. O primeiro cómic en que apareceu saíu á luz na publicación infantil Pilote (1959).

Palabras veciñas

obelisco | Obelisco Millenium | Obélix | Obélix | óbelo | obenque | Oberhausen