Ocotea
Ocotea
[PLANTA]
Xénero de plantas tropicais, arbustivas ou arbóreas, da familia das lauráceas, que presentan follas simples, alternas e coriáceas e inflorescencias axilares ou terminais. Son explotadas pola súa madeira, que se emprega na construción, e polos aceites esenciais que se extraen das cortizas. Das especies deste xénero destaca O. foetens, que alcanza os 25 m de altura, que se pode atopar en Canarias, e O. rodiaei, árbore de América tropical.