Olea

Olea
[PLANTA]

Xénero de árbores ou arbustos, da familia das oleáceas, que se caracteriza por ter follas perennes, simples, opostas e coriáceas, flores tetrámeras dispostas en panículos ou acios e froito en drupa. A especie máis coñecida é a O. europaea.