Olea Europaea
Olea Europaea
[PUBLIC]
Revista trimestral editada en Vigo a partir da primavera de 1994. Subtitulouse “Boletín do departamento de patrimonio histórico e medio ambiente do Concello de Vigo”. Cesou ao redor da primavera de 1995. Dirixido por Rafael Ojea Pérez, contou coa asistencia técnica de Gonzalo López Márquez. Nos seus apartados, sempre cunha perspectiva de respecto ao medio natural, tratou temas relacionados coa arqueoloxía, a etnografía, a mellora ambiental, a natureza urbana, a historia, a inspección ambiental, a biodiversidade e as directivas e normativas europeas. Destacou polo seu rigor científico e a súa capacidade divulgativa.