ontoloxismo

ontoloxismo

(< onto- + logos ‘razón’ +-ismo)

s m [FILOS]

Doutrina segundo a que o ser, as ideas eternas e universais, constitúen o obxecto inmediato e directo da mente, e só por medio da comprensión case intuitiva deste obxecto poden ser comprendidos intelectualmente os outros obxectos do coñecemento. Aínda que o ontoloxismo xurdiu no s XIX como reacción ao idealismo e en oposición ao psicoloxismo de tipo cartesiano, non é xusto identificalo co realismo nin adoita ser alleo a unha certa tendencia psicoloxista. Pódese falar propiamente de ontoloxismo só en relación a N. Malebranche e algúns dos seus seguidores como A. Collier e J. Norris. O ontoloxismo foi condenado pola Igrexa Católica, polo feito de que nalgúns puntos adoita derivar nun panteísmo.