1 oratorio
(
-
s
m
[RELIX/HIST]
Lugar dedicado á pregaria, que comprende desde as capelas autorizadas para a celebración da misa ata simples altares ou fornelas destinados á veneración dos fieis. Os primeiros poden ter o carácter de oratorio público cando todo o mundo ten acceso, de oratorio semipúblico cando acoden só certos grupos determinados, e de oratorio privado cando son erixidos en casas privadas.
-
s
m
[MÚS]
Drama musical de tema relixioso. Inicialmente foi creado para ser representado, pero axiña perdeu a acción escénica. O oratorio desenvolveuse a partir da Contrarreforma por obra de Filipe Neri, fundador da Congregación do Oratorio, que nas reunións piadosas escenificaba fragmentos da Biblia. A primeira composición que pode ser considerada como oratorio é La rappresentazione di anima e di corpo (1600), de Emilio dei Cavalieri. Dos grandes mestres do oratorio italiano destaca G. Carissimi (Jepthe, 1650). Unha das figuras máis destacadas do barroco foi G.F. Händel (Israel in Egypt, 1739, Messiah, 1742, Judas Maccabaeus, 1747 e Solomon, 1749). J. S. Bach, escribiu, ademais do Weihnachts Oratorium (Oratorio de Nadal, 1734), as paixóns, que son unha modalidade de oratorio. Tamén destaca, a finais do s XVIII, F. J. Haydn, con Die Schöpfung (A creación, 1798) e Die Jahreszeiten (As estacións, 1801). No s XIX L. van Beethoven creou o oratorio Christus am Ölberge (1803), e F. Mendelssohn escribiu Paulus (1836) e Elias (1846). R.A.Schumann, Listz, L.H.Berlioz e C. Frank son os autores máis destacados da segunda metade do s XIX. Ao longo do s XX cómpre subliñar as composicións de Manuel de Falla, creador de La Atlántida, e Arthur Honegger, que triunfou con Le Roi David (1921) e Jeanne d’Arc au bûcher (1935), mentres que os principais autores contemporáneos son G. Holst, E. W. Elgar, F. Martin, K. Penderecki e O. Messiaen.
-
oratorio festivo
[RELIX]
Institución fundada polos salesianos encamiñada á diversión dos mozos os días de festa, consistente en xogos, veladas literario-musicais e oracións.