Oratorio

Oratorio

Sociedade clerical de dereito pontificio, sen votos, fundada en Roma en 1564 por san Filipe Neri. Erixida en congregación por Gregorio XIII (1575), as súas constitucións foron confirmadas en 1612 por Paulo V. O fundador non quixo fundar ningunha congregación xerarquizada e centralizada, de tipo clásico, senón unha congregación de sacerdotes seculares, unidos arredor do fundador sen ningún outro vínculo que a caridade e o apostolado de cara aos cristiáns. As fundacións posteriores non teñen dependencia xurídica ningunha da de Roma. Pierre de Bérulle fixo unha adaptación desta sociedade en Francia (1611).

Palabras veciñas

oratoria | oratoriano -na | 1 oratorio | Oratorio | 2 oratorio -ria | Orava | Orazo