ordinario -ria

ordinario -ria

(< lat ordinarĭu)

    1. adx

      Que segue unha orde establecida ou que se adecúa ao que é normal e usual.

      Ex: Foi unha asemblea ordinaria para valorar os resultados.

      Sinónimos: común, corrente, normal, corrente.
    2. ordinario da misa [RELIX]

      Sucesión dos textos invariables da misa, por oposición ao propi, que cambia cada día ou cada festa. Reciben este nome sobre todo as pezas de canto: Kyrie, Gloria, Credo, Sanctus e Agnus.

    3. ordinario do oficio [RELIX]

      Parte invariable do oficio divino.

  1. adx
    1. Que é vulgar ou que se considera de baixa estima.

      Ex: Non quere ir á feira porque lle parece moi ordinario.

    2. Que presenta pouca calidade ou que está elaborado con materias de baixa categoría ou sen destreza.

      Ex: É unha vaixela moi ordinaria para regalarlle polo aniversario.

      Sinónimos: vulgar.
    1. adx e s

      Que ou quen amosa falta de educación e actúa de maneira groseira.

      Ex: Era tan ordinario que sempre quedaba mal coa xente.

      Sinónimos: vulgar.
    2. adx

      Que é propio da persoa ordinaria.

      Ex: Tiña un comportamento moi ordinario.

  2. [DER]
    1. s f

      Aplícase ao xuíz ou ao tribunal de xustiza civil, en oposicion aos de xurisdición especializada.

    2. resolución ordinaria

      resolución ordinaria.

  3. adx [DER/RELIX]

    Aplícase ao poder de xurisdición que está vinculado a un oficio eclesiástico e que se posúe en virtude do oficio recibido.

  4. s m [DER/RELIX]

    Xerarquía eclesiástica que posúe o poder ordinario: o papa, os bispos residenciais, os abades nullius ou, en caso de vacante, os vigairos xerais, os administradores apostólicos, os vigairos e prefectos apostólicos e os superiores maiores das ordes relixiosas clericais exentas. Agás estes últimos, todos os demais denomínanse ordinarios de lugar.

Frases feitas

  • Correo ordinario. Correo que se efectúa por terra ou por mar en oposición ao aéreo ou ao certificado.

  • De ordinario. loc adv Segundo a orde acostumada, polo xeral.