ordinario -ria
(< lat ordinarĭu)
-
-
adx
Que segue unha orde establecida ou que se adecúa ao que é normal e usual.
Ex: Foi unha asemblea ordinaria para valorar os resultados.
Sinónimos: común, corrente, normal, corrente. -
ordinario da misa
[RELIX]
Sucesión dos textos invariables da misa, por oposición ao propi, que cambia cada día ou cada festa. Reciben este nome sobre todo as pezas de canto: Kyrie, Gloria, Credo, Sanctus e Agnus.
-
ordinario do oficio
[RELIX]
Parte invariable do oficio divino.
-
adx
-
adx
-
Que é vulgar ou que se considera de baixa estima.
Ex: Non quere ir á feira porque lle parece moi ordinario.
-
Que presenta pouca calidade ou que está elaborado con materias de baixa categoría ou sen destreza.
Ex: É unha vaixela moi ordinaria para regalarlle polo aniversario.
Sinónimos: vulgar.
-
-
-
adx e s
Que ou quen amosa falta de educación e actúa de maneira groseira.
Ex: Era tan ordinario que sempre quedaba mal coa xente.
Sinónimos: vulgar. -
adx
Que é propio da persoa ordinaria.
Ex: Tiña un comportamento moi ordinario.
-
adx e s
-
[DER]
-
s
f
Aplícase ao xuíz ou ao tribunal de xustiza civil, en oposicion aos de xurisdición especializada.
-
resolución ordinaria
resolución ordinaria.
-
s
f
-
adx
[DER/RELIX]
Aplícase ao poder de xurisdición que está vinculado a un oficio eclesiástico e que se posúe en virtude do oficio recibido.
-
s
m
[DER/RELIX]
Xerarquía eclesiástica que posúe o poder ordinario: o papa, os bispos residenciais, os abades nullius ou, en caso de vacante, os vigairos xerais, os administradores apostólicos, os vigairos e prefectos apostólicos e os superiores maiores das ordes relixiosas clericais exentas. Agás estes últimos, todos os demais denomínanse ordinarios de lugar.
Frases feitas
-
Correo ordinario. Correo que se efectúa por terra ou por mar en oposición ao aéreo ou ao certificado.
-
De ordinario. loc adv Segundo a orde acostumada, polo xeral.