orella
(
-
s
f
-
[ZOOL]
Estrutura propia do oído externo dos mamíferos, que serve para percibir cunha maior eficacia os sons. Está formada por tecido cartilaxinoso e conxuntivo, a maneira de embude de forma máis ou menos oval e coa superficie interna sucada de pregaduras, orientados de tal maneira que ao rebotar as ondas sonoras contra eles, diríxenas cara ao orificio auditivo externo.
-
Sentido do oído.
-
[ZOOL]
-
s
f
-
Aquilo que ten forma ou se parece a unha orella.
-
Doce tradicional de Entroido que se elabora con fariña, ovos, azucre, manteiga, anís e limón e ao que se lle dá forma de orella.
-
Apéndice lateral dun recipiente, sen perforar, que serve para agarralo.
-
Cada unha das dúas pezas metálicas ou de madeira en forma de aletas que, a un e outro lado da rella do arado tradicional, serve para anchear o suco e para voltear a herba.
Sinónimos: abeaca, binza, orelleira, forcado. -
Parte do zapato que serve para axustalo á empeña.
-
Parte saínte a cada lado do respaldo dunha cadeira ou sofá en que se pode apoiar a cabeza.
-
[MAR]
Cada unha das dúas pezas que constitúen a boca dunha botavara ou dun pico.
-
-
orella de frade/abade
[PLANTA]
1 couselo.
-
orella de rato
[PLANTA]
muruxa.
-
orellas de porco
[FUNGO]
Fungo sésil, de ata 8 cm de diámetro e uns 10 cm de alto, que presenta un carpóforo cunha fenda lonxitudinal que lle dá aspecto de orella. É de cor parda avermellada, tanto exteriormente como na superficie do himenio. Atópase principalmente baixo piñeirais dunares.
Frases feitas
-
Andar coas orellas gachas. Andar con medo ou avergoñado.
-
Ata ás orellas. Dos pés á cabeza.
-
Quentar as orellas (a alguén). Ameazar a alguén para reprendelo ou castigalo con tiróns de orellas.
-
Baixar as orellas. Ceder ou botarse atrás nunha disputa.
-
Verlle as orellas ao lobo. Ter un mal presentimento ou decatarse dun perigo inminente.