orfeón

orfeón

(< fr orphéon)

s m [MÚS]

Sociedade ou agrupación coral que comezou a formarse en Francia arredor de 1815, aínda que o primeiro do que se ten constancia creouse en París en 1833. Propagáronse axiña por outros países, especialmente España, onde destacan o Orfeó Català e o Orfeón Donostiarra. Inicialmente eran agrupacións corais masculinas que, aos poucos, incorporaron voces femininas. En Galicia tamén tiveron unha gran consolidación o Orfeón Terra A Nosa, o Orfeón Brigantino ou o Orfeón Unión Orensana.