Orfeón Donostiarra

Orfeón Donostiarra
[MÚS]

Formación coral que se creou en Donostia en 1897. Inicialmente estaba composto por vinte voces masculinas, ás que posteriormente se lle uniron voces femininas. Desde a súa creación foi dirixido por Luzuriaga, Oñate, S. Esnaola (1902-1929), J. Gorostidi (1929-1968), A. Ayestarán (1968-1986) e J. A. Sáinz Alfaro (desde 1986). Destaca especialmente polo seu repertorio de canto tradicional vasco, sen desbotar a zarzuela, a música coral e as óperas, o que lle valeu estar considerada como unha das principais formacións corais afeccionadas de Europa. Actuou nas principais cidades europeas como Bordeos (1951), París (1957), Edimburgo (1962), Berlín (1973), Londres (1980), Roma (1987), Madrid (1993), Salzburgo (1999) e Berlín (2001), e conta no seu haber con máis de 100 gravacións. Recibiu o Grand Prix d’Honneur de París (1906).