orquestra
(< lat orchestra < gr ὀñ÷ήóôñá)
-
s
f
[ARQUIT]
-
Es-pazo circular e non enlousado situado entre a escena e as bancadas, no teatro grego. No centro da construción colocábase a ara de Dióniso, xa que era o lugar destinado ás danzas do coro. Na distribución do teatro romano, este espazo tiña forma semicircular e estaba enlousado. Converteuse nun lugar reservado aos senadores e aos maxistrados, e nalgunhas ocasións serviu para a representación das naumaquias.
-
Parte anterior da platea situada baixo a escena, no teatro moderno, onde acostuman estar os músicos que cooperan na execución dun espectáculo teatral.
-
-
[MÚS]
-
s
f
Conxunto de instrumentos musicais reunidos para realizar unha interpretación musical. Os instrumentos da orquestra pertencen a catro grupos: corda, vento (ou madeira), metal e percusión. J. Stamitz, creador da escola de Mannheim, ideou un tipo estándar de orquestra, coa duplicación dos instrumentos de vento, aos que uniu dous clarinetes, e de metal. A finais do s XVIII a música sinfónica (Haydn e Mozart) requiría, ademais do grupo dos catro instrumentos de corda (violíns, violas, violoncellos e contrabaixos), dúas frautas, dous óboes, dous clarinetes, dous fagots, dúas trompas, dúas trompetas, dous timbais e, ocasionalmente, un frautín. Na época romántica o seu número creceu rapidamente coa inclusión do corno inglés (1830), a tuba, o contrafagot, a arpa, e ocasionalmente, segundo as necesidades da obra, mandolinas e un número variable de instrumentos de percusión. Á vez, aumentou o número dos instrumentos habituais en todas as seccións. Chégase a formacións colosais coas grandes obras sinfónicas de R. Strauss e G. Mahler. A música contemporánea, en cambio, tende a empregar conxuntos de cámara, a miúdo con instrumentos diferentes dos tradicionais.
-
s
f
Conxunto dos músicos dunha orquestra.
-
orquestra catedralicia
Conxunto instrumental que dependía dos cabidos catedralicios. Estaba composto por un número variable de músicos que estaban ao servizo dos ritos dunha catedral de forma estable. Os instrumentos habituais eran as cornetas e os instrumentos de corda, aos que se lle podían unir outros de vento como os sacabuches, unha especie de trombóns de varas. En Galicia tiveron unha importancia destacada no desenvolvemento musical. A orquestra da Catedral de Santiago de Compostela foi a segunda de España en incorporar instrumentistas de forma estable e nun número cada vez maior. No s XVIII acadou, da man de B. Chiodi, o seu máximo esplendor con máis de doce músicos. A finais do s XIX desapareceron de forma drástica.
-
orquestra de cámara
Orquestra que conta cun reducido número de instrumentos, entre os que destacan os de corda e vento. Creouse como reacción á sobresaturada orquestra posromántica.
-
orquestra sinfónica
Conxunto musical de máis de 40 compoñentes formado por instrumentos de corda, vento-madeira, vento-metal e percusión, destinado á interpretación do repertorio sinfónico.
-
s
f