Osbornitis
Osbornitis
[ANIMAL]
Xénero de mamíferos carnívoros acuáticos, da familia dos vivérridos, que presentan o pelame pardo con pintas brancas na cabeza e coa cola moi peluda. A única especie que se coñece é O. piscivora, que foi descuberta no bosque Ituri, na rexión nordés da conca do río Congo (1919).