Oscar
Oscar
[ONOM]
Antropónimo masculino que ten a súa orixe nun nome xermánico, composto de ansa ‘Deus’ e gaira ‘lanza’, polo que significa ‘lanza de Deus’, latinizado como Anscarius ou Ascarius. A forma galega leva o acento na última sílaba, como corresponde á etimoloxía e como acontece en Brasil e en Francia. Presenta a variante Óscar.