Pacheco

Pacheco

Liñaxe da nobreza castelá, importante durante a Baixa Idade Media e a Idade Moderna. Procedente de Portugal, estableceuse en Castela como consecuencia da vitoria de Enrique de Trastámara sobre Pedro o Cruel, ocupou cargos políticos e posuíu dominios considerables. A herdeira da liñaxe, María Pacheco , casou, a comezos do s XV, co herdeiro dos Girón, O seu fillo, Juan Pacheco Girón , foi valido de Enrique IV de Castela e adiantado maior de Castela. Outros membros destacados da liñaxe foron Pedro Pacheco y de Guevara (morto en 1560), Rodrigo Pacheco Osorio (1580-1640), vicerrei de Nueva España (1624-1635), e Juan Manuel Fernández Pacheco-Cabrera de Bobadilla y de Zúñiga (1650-1725).