pactismo
pactismo
(< pacto)
s
m
[HIST]
Norma ou concepto moral e xurídico, xurdido co feudalismo, que regulaba as relacións entre as dúas partes que establecían o pacto feudal. Entendíase non só como a imposición dunha parte sobre a outra, senón como un compromiso entre dúas partes libres, baseado no respecto mutuo. Converteuse na base das relacións da monarquía aragonesa cos seus súbditos. A chegada ao poder dos Trastámara (1412) supuxo o reforzamento do espírito pactista catalán pero coa unión de Castela e Aragón empeorou esta situación e finalmente foi reducido.