pacto
(
-
s
m
Convención formal pola que dúas ou máis persoas asumen determinadas obrigacións e dereitos e se comprometen ao seu cumprimento.
Sinónimos: acordo. Confrontacións: avinza, convenio. -
pacto accesorio
[DER]
Pacto que forma parte das convencións ou as complementa.
-
pacto anticrético
[DER]
Pacto polo que se establece o dereito real de anticrese a favor dun acredor.
-
pacto comisorio
[DER]
pacto comisorio.
-
pacto de alianza/de hospitalidade
[HIST]
Acordo que se establecía entre dous pobos, xeralmente o romano e un pobo bárbaro, polo que os primeiros concedían aos segundos a posibilidade de establecerse nas terras do Imperio Romano. A cambio, estes comprometíanse a defendelas dos ataques doutros pobos bárbaros. OBS: Tamén se denomina co termo latino foedus.
-
pacto de reciprocidade
[DER]
Pacto convido ou situación de feito creada entre dous estados, polo que os súbditos dun reciben do outro, nunha materia concreta, o mesmo trato legal ca os súbditos propios.
-
pacto de retrovenda
[DER]
Pacto polo que o vendedor se reserva o dereito de recuperar a cousa vendida devolvéndolle ao comprador o prezo da venda e abonándolle todos os gastos.
-
pacto leonino
[DER]
Pacto en que unha das partes se adxudica vantaxes exorbitantes en detrimento das outras.
-
pacto nulo
[DER]
Pacto que foi adoptado abusivamente, en infracción dunha lei prohibitiva, contra a moral ou os bos costumes, sen mediar causa do contrato ou ben con engano.