acordo
(< acordar)
-
s
m
Resolución tomada por unha persoa ou colectividade. Utilízase xeralmente cos verbos estar, poñer e quedar.
Ex: Despois da xuntanza seguiron sen chegar a un acordo.
Sinónimos: avinza, pacto. -
s
m
Harmonía entre dúas ou máis persoas que resulta dun común modo de sentir, pensar ou obrar.
Ex: Cando hai acordo non existen tensións nin liortas.
Sinónimos: avinza, concordia, unanimidade. Antónimos: desacordo. -
s
m
Facultade de lembrar ou traer á memoria un feito do pasado.
Ex: Parece que non tes acordo e que non lembras os malos tratos do pasado.
Sinónimos: memoria. -
s
m
Idea que vén á memoria.
Ex: De súpeto tivo o acordo de ir mercar un canciño para a súa neta.
Sinónimos: acordanza, ocorrencia. -
s
m
Unión harmónica, xusta correspondencia, entre dúas ou máis cousas.
Ex: Entre eles non había acordo de opinións.
-
s
m
[DER]
Decisión mutuamente aceptada entre as partes interesadas.
Ex: Os avogados chegaron ó acordo de aprazar o xuízo.
-
acordo administrativo
[DER/ADM]
Decisión da administración pública adoptada preferentemente por un órgano colexiado.
-
acordo comercial
[ECON]
Tratado comercial.
-
acordo de pagamento
[ECON]
Acordo entre estados sobre as condicións de pagamento dos intercambios feitos entre eles.
-
acordo internacional
[DER]
Convenio entre estados para establecer unha regulación común sobre cuestións de interese mutuo. Para a eficacia destes acordos non se precisa a ratificación dos xefes de estado.
-
acordo rexional
[DER]
Convenio adoptado por dous ou máis países sobre cuestións relativas ao mantemento da paz, á seguridade internacional e outros temas que afecten a zonas de determinada unidade xeográfica.
-
acordo sobre produtos
[COM]
Tratado internacional, autorizado por un organismo supranacional, co que os países produtores e os consumidores dispoñen do mesmo poder decisorio na administración dos acordos que afecten a algúns produtos básicos.
-
curva de acordo horizontal
[CONSTR/ENX]
Disposición en curva que adopta a planta do eixo dunha infraestrutura ao límite dunha viraxe, que permite o cambio gradual de dirección e de curvatura entre unha aliñación recta e unha curva circular ou entre dúas curvas circulares, de xeito que se faga tamén unha variación gradual do esforzo centrífugo.
-
Real Acordo
[HIST/ADM]
Real Acordo.