Acordo Centroeuropeo de Libre Comercio
Acordo Centroeuropeo de Libre Comercio
Organización creada o 21 de decembro de 1992 e integrada pola República Checa, Eslovaquia, Hungría, Polonia e Eslovenia. Ten como obxectivo a progresiva redución dos aranceis, así como a consecución da compatibilidade coas normativas da Unión Europea, coa idea de facilitar un futuro ingreso destes países na UE. Bulgaria, Romanía e os Países Bálticos (Estonia, Letonia e Lituania) solicitaron o ingreso nesta organización.