País, El

País, El
[PUBLIC]

Xornal publicado en Pontevedra a partir do 1 de decembro de 1932. Cesou en xullo de 1936. Subtitulado “Diario republicano de la tarde”, o seu fundador, director e propietario foi Maximiliano Pérez Prego. Substituto de El Pueblo, foi un dos escasos xornais galegos de signo republicano. Tratou cuestións como o estatuto de autonomía para Galicia, os foros e outros problemas locais, e contou coas colaboracións de R. Suárez Picallo, A. Villar Ponte, M. Blanco Torres e M. García Barros.