paisano -na

paisano -na

(< país)

  1. adx e s

    Que ou quen é do mesmo lugar, vila, rexión ou país ca outra persoa.

    Ex: O home que vimos no médico é paisano meu. Os paisanos do lugar son de fiar.

  2. s

    Persoa que traballa e vive no campo.

    Ex: O paisano indicounos que por aquel camiño non iamos ben.

  3. s

    Persoa que non é militar.

    Ex: Os paisanos opúñanse á revolta militar.

    Sinónimos: civil.
  4. Pintura, debuxo ou gravado que representa un lugar natural ou urbano como tema principal ou ben como fondo ou ambientación. Este xénero apareceu no mundo helenístico e romano para a decoración do fondo de pinturas. Posteriormente foi reducido a símbolos ata que rexurdiu no s XIV en Florencia e despois, no s XV, en toda Italia, a consecuencia da nova concepción humanística do espazo formulada pola perspectiva artificialis. Non foi cultivado como xénero autónomo ata os ss XV e XVI en Países Baixos. Sobresaíron a corrente flamengo-holandesa e as escolas alemá e veneciana. No s XVII, florentinos e romanos crearon a veduta, e en Holanda converteuse no xénero nacional. No s XVIII a paisaxe occidental basculou entre a Venecia dos vedutisti e as reflexións sobre a arte-natura. En Oriente, sobre todo en China e Xapón, a paisaxe era unha arte autónoma. O impresionismo someteu a paisaxe romántica a unha verdadeira revolución óptica, os postimpresionistas proxectaron o seu mundo interior, os fauvistas utilizárona como un mero pretexto cromático e os cubistas reducírona ao esencial.

Frases feitas

  • De paisano loc adv Que viste roupa normal, sen uniforme ou hábito. Ex: Chegaron dous policías vestidos de paisano.