paisano -na

paisano -na

(< país)

  1. adx e s

    Que ou quen é do mesmo lugar, vila, rexión ou país ca outra persoa.

    Ex: O home que vimos no médico é paisano meu. Os paisanos do lugar son de fiar.

  2. s

    Persoa que traballa e vive no campo.

    Ex: O paisano indicounos que por aquel camiño non iamos ben.

  3. s

    Persoa que non é militar.

    Ex: Os paisanos opúñanse á revolta militar.

    Sinónimos: civil.

Frases feitas

  • De paisano loc adv Que viste roupa normal, sen uniforme ou hábito. Ex: Chegaron dous policías vestidos de paisano.

Palabras veciñas

Paisal | Paisal Rego, Enrique | paisano -na | paisano -na | paisaxe | paisaxismo | paisaxista