paisano -na
paisano -na
(< país)
-
adx e s
Que ou quen é do mesmo lugar, vila, rexión ou país ca outra persoa.
Ex: O home que vimos no médico é paisano meu. Os paisanos do lugar son de fiar.
-
s
Persoa que traballa e vive no campo.
Ex: O paisano indicounos que por aquel camiño non iamos ben.
-
s
Persoa que non é militar.
Ex: Os paisanos opúñanse á revolta militar.
Sinónimos: civil.
Frases feitas
-
De paisano loc adv Que viste roupa normal, sen uniforme ou hábito. Ex: Chegaron dous policías vestidos de paisano.