Palestina, Campaña de
Palestina, Campaña de
Conxunto de operacións militares que durante a Primeira Guerra Mundial deron o control de Palestina e Siria a Reino Unido. O intento turco de apoderarse do canal de Suez (febreiro de 1915), fracasado por unha contraofensiva dos británicos, levou a estes á campaña. O xeneral Allenby ocupou Gaza e Xerusalén (1917). Conquistada tamén Damasco (setembro de 1918), en outubro os franceses tomaron Beirut, e tres días despois Turquía solicitou o armisticio.