palmireno -na
palmireno -na
(< topónimo Palmira)
-
adx
Relativo ou pertencente á antiga cidade de Palmira, aos seus habitantes ou á súa lingua.
-
s
Natural ou habitante da antiga cidade de Palmira.
-
s
m
[LING]
ariedade do arameo occidental, testemuñada a través das inscricións de Palmira (ss I-III), onde se encontraron inscricións en palmireno ao lado de inscricións redactadas en latín, grego, ou bilingües (grego e arameo). O palmireno está estreitamente relacionado co arameo do Imperio, pero presenta innovacións ortográficas e gramaticais, que se explican polo seu desenvolvemento autónomo e pola influencia do arameo oriental, a causa do comercio dos palmirenos con Mesopotamia. Usaba un alfabeto propio.