Palmiro/Palmira
Palmiro/Palmira
[ONOM]
Antropónimo que ten a súa orixe no nome da cidade de Palmira (Siria), equivalente ao hebreo Tadmor. Tamén se considera como derivado de palma, nome que se lle dá á celebración do domingo de Ramos, e de onde pasou a denominar os palmeiros, peregrinos a Terra Santa, que levaban unha palma como símbolo. A súa festividade celébrase o domingo de Ramos.