palmitato
palmitato
(< palmito + -ato ‘sal’)
s
m
[QUÍM]
Calquera sal ou éster do ácido palmítico. Dos sales metálicos, que se coñecen como xabóns, destacan o monopalmitato de aluminio, Al(OH)2(C16H31O2), que se emprega como impermeabilizante nas industrias de curtido, papel e téxtiles, e o palmitato de cinc Zn(C16H31O2)2, que se emprega como aditivo do caucho e lubricante na industria dos plásticos. Dos alcalinos, o sódico e o potásico interveñen na composición de moitos xabóns de baño. Entre os ésteres destacan o palmitato de cetilo, principal compoñente do espermaceti, e a palmitina.