Pampa, La
Pampa, La
Provincia de Arxentina, situada na rexión Centro (143.440 km2; 298.772 h [2001]). A súa capital é Santa Rosa (95.428 h [2001]). Ocupa a parte SO de La Pampa deprimida, ao N do río Colorado. Limita ao N coas provincias de Mendoza, San Luis e Córdoba, ao L coa provincia de Bos Aires, ao S con Río Negro e ao O con Mendoza. A rede hidrográfica divídese nas concas dos ríos Colorado, Atuel e Salado. A poboación concéntrase no L, no límite coa provincia de Bos Aires. A economía baséase principalmente na agricultura e na gandaría. Na zona montañosa posúe xacementos de sal, xeso, cal, cobre, ferro e mármore.